Data:
27 de setembro de 2015
Lugar:
Maceda (Ourense)
AGA o Concello de Maceda organizan o Día da Abella o domingo 27 de setembro de 11 h. a 20 h. no Castelo de Maceda.
Ésta será a 3ª edición do evento que cada ano vai gañando en participación e contidos. Haberá feira de mel e produtos apícolas da comarca e moitas actividades para todos os públicos: degustacións, exposición didáctica, obradoiros, títeres, música…
Vide a pasar un día agradable con nós e coñecer un pouco máis sobre estes marabillosos insectos!