Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Devolución do Plan Apícola

(15 / 11 / 2023)

 

Devolución da repartición das axudas da Administración á apicultura para o ano 2023

Este ano a Asociación Galega de Apicultura recibiu no mes de outubro a subvención correspondente ao Plan Apícola 2023, polo que prodecederemos ao longo deste mes de novembro ás correspondentes devolucións.

As porcentaxes que a Xunta subvencionou son as seguintes nas correspondentes liñas:

  • Tratamento convencional: 90 % da base impoñible, ata un máximo de 2,50 € por colmea.
  • Tratamento ecolóxico: 100 % da base impoñible, ata un máximo de 5 € por colmea.
  • Alimento: 80% da base impoñible, ata un máximo de 6 € por colmea.
  • Cera: 20,50 % da base impoñible, por esgotamento do crédito.
  • Os fondos sanitarios nicot e o pack velutina non se subvencionan por esgotamento de crédito.

Rógaselles que aos que non pasastes o número de conta bancaria que, por favor, nolo indiquen co fin de non atrasar as devolucións.

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad