Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

DAGA MONDOÑEDO: Dinamización, impulso e renovación!

(03 / 08 / 2022)

 

O día 29 de xullo de 2022, coa asistencia dunhas dezaseis persoas membros da Asociación Galega de Apicultura vidas da Mariña lucense, quedou renovada a DAGA de Mondoñedo cos seguintes socios á súa fronte:

— Delegado: Felipe Méndez Hermida, do Valadouro.

— Secretario: Javier Carreiras Cuadrado, de Alfoz.

— Tesoureiro; José Luis García García, de Mondoñedo.

— Vogal 1: José Ramón Méndez Díaz, de Lourenzá.

— Vogal 2: Ramiro Loredo Vidal, de Ribadeo.

— Vogal 3: Francisco García Fernández, de Viveiro.

Os nosos parabéns pola súa renovación en todos os sentidos, con xente nova e con empuxe, e representante das tres comarcas mariñás. Alédanos que esta primeira DAGA de AGA siga en pé nos nosos tempos.

As socias e os socios de AGA que se queiran adscribir a esta DAGA xa o poden facer desde xa, comunicándollo ao equipo directivo da DAGA de Mondoñedo ou ben a AGA Arzúa.

Aos seus devanceiros, a José Luis García que mantivo dentro das súas posibilidades viva a chama desta DAGA e aos recentemente incorporados, o noso recoñecemento polos pasos dados e por dar. Que o camiño vos sexa doce e exitoso!

A apicultura ten futuro nas Mariñas lucenses!

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad