Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

DAGA FERROL: XORNADA FORMATIVA

(13 / 06 / 2022)

 

SÁBADO 18 DE XUÑO, de 10.00 a 13.30 horas.

XORNADA FORMATIVA APÍCOLA

no Local Social da AVV Rosa dos Ventos (Sedes – Narón).

10.00 a 11.15 horas : Charla sobre reprodución do apíario e a importancia da renovación e selección de nais.

Presentación do libro Reprodución apícola. Tratado do criador, de Marcos Varela Lorenzo.

Marcos Varela é apicultor e criador de raíñas dende 1982. Profesional do ámbito da educación social e da enxeñería técnica agrícola.

O noso compañeiro Marcos publica unha completa e fundamental obra de consulta de 436 páxinas onde reflicte en quince capítulos a súa grande experiencia como criador con corenta anos de bo facer.

Este libro foi promovido por AGA e editado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia.

Será facilitado ás persoas interesadas previa subscrición e pago de 25 € pola charla formativa. Esta recadación pasará a engrosar os fondos formativos de AGA do ano 2023.

 

11.30 a 13.30 horas. – Charla/taller sobre técnicas de control da Vespa velutina.

A falta de resultados nas investigacións oficiais os apicultores desenvolvemos unha serie de técnicas e métodos que ben realizados e complementados reducen drasticamente a presenza da Vespa velutina. Nesta xornada centrarémonos en métodos de control prácticos, tanto activos coma pasivos.

Técnicas de primavera: trampeamento primaveral de raíña, onde e como, trampeamento itinerante, implicación do rural (campaña de sensibilización ambiental Stop Vespa Velutina), outras técnicas.

Técnicas de verán: instalación das trampas eléctricas e os seus tipos de alimentación; trampas abertas no apiario.

Para inscricións á xornada e reserva do libro: dagaferrol@hotmail.com

Promove: Delegación Ferrolterra da ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA

Colaboran: AVV Rosa dos Ventos de Sedes e Concello de NARÓN (Medio Ambiente).

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad