Curso: Como seleccionar abellas resistentes á varroa

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) – Daga do Deza organiza un curso presencial para afondar nun tema clave para o futuro das nosas colmeas: a selección de abellas con maior resistencia á varroa.

Sobre o curso

Nesta sesión falaremos de criterios e enfoques para identificar e seleccionar colonias con mellores características fronte á varroa, co obxectivo de avanzar cara a unha apicultura máis sostible e resiliente.

Datos do curso

  • Título: Curso: “Como seleccionar abellas resistentes á varroa”
  • Data: 16/01/26 (venres)
  • Hora: 21:30 h
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar: Lalín (local por definir)
  • Impartido por: Gonzalo Calvo, veterinario de AGA

Inscríbete chamando ao: 676000893

ou escribindo a: dagadeza@apiculturagalega.gal

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad