FORMACIÓN ONLINE SOBRE A VESPA VELUTINA E A COMERCIALIZACIÓN DO MEL
Neste mes celebrarase a derradeira sesión online do programa de formación de AGA deste ano. Será o sábado 27 de novembro a través da plataforma Zoom e tratará o tema da Vespa velutina, con información actualizada sobre as diferentes ferramentas para o control do tártago negro, e a comercialización do mel, cunha visión xeral sobre as diferentes vías que existen para vender o noso produto e cales son as normativas necesarias a ter en conta. As inscricións pódense realizar a través do seguinte formulario na nosa web ata o día 25 de novembro.

PROGRAMA DAS SESIÓNS
27 de novembro 2021, de 10 a 13.30 h.
Coordinan: Paula Souto e Noela Torres
Prezo: De balde para socios e socias. Para o resto: unha sesión 20 € / dúas sesións 30 €
Inscricións: Na web de AGA, dende o 11 ata o 25 de novembro
- Control Vespa velutina – De 10 a 11.30 h.
- Vídeos: Control Vespa velutina I e II
- A situación actual da Vespa velutina en Galicia, por Gonzalo Calvo – Veterinario de AGA
- Trampeamento primaveral e protección das colmeas no verán e outono, por Rafa Díaz – DAGA Ferrol
- Eliminación de niños, por José Mª Bello – DAGA Morrazo
- Comercialización do mel – De 12 a 13.30 h.
- O coñecemento do produto, por Suso Asorey – Erica Mel
- Venda directa de produción primaria e normativas, por Joaquín Lozano – Veterinario de AGA
- Cooperativa Erica Mel, por Jose Rodríguez – Erica Mel
- Venda online “Máis que Mel!”, por Noela Torres – Técnica de AGA
- Comercio local e venda directa, Dolores Rodríguez – Socia de AGA
Inscrición Control Vespa Velutina
Inscrición Comercialización do Mel
No caso de non ser soci@ e anotarse nas dúas sesión farase o pago conxunto nunha única operación.
Recibirá confirmación por email.
Lembrámoslle revisar a carpeta de SPAM sen no atopa a confirmacion do correo.