Congreso apícola vespa velutina. 2025

FORMULARIO DE INSCRICIÓN


Pronto volveremos a Chantada para falar das ferramentas máis avanzadas da loita contra a vespa velutina, iremos actualizando a información.

Xa tedes habilitado o formulario de inscrición nesta mesma publicación! APUNTÁDEVOS!!

Aquí tedes o programa do evento:

10:00-10:30 Inauguración do congreso:
Presentación das entidades e administracións no acto.

10:30-11:00 Liñas de axudas para a apicultura polos incendios 2025.
Por Silvestre José Balseiros (director xeral de Gandería, agricultura e industrias alimentarias).

11:00-11:20 Relatorio das accións de AGA contra os lumes.
Por Marita Puga (Presidenta de AGA) e Joaquín Lozano (veterinario de AGA).

11:20-12:00 Desempeño no control da vespa velutina en Galicia:
Actuación da acción desenvolta e valorización do estado actual da vespa velutina en Galicia no 2025.
Por Luisa Piñeiro, (xerente do SEAGA)

12:00-12:30 Descanso para o café

12:30-14:00 Apicultura baixo ataque: o avance da velutina e as accións de control en Italia
Por Stefano Fenucci . Coa colaboración de Fabricio Zagni.

14:00-16:00 Descanso para o xantar

16:00-17:00 Vestir o mel: como o deseño transforma a apicultura en marca.
Por Julio Seijas (deseñador gráfico).

17:00-18:30 A resistencia da varroa aos acaricidas: retos e alternativas.
Por Joel González-Cabrera (Instituto Biotecmed. Departamento de Xenética da Universidade de Valencia).

18:30-20:00 Mesa redonda do sector apícola sobre as perspectivas de convivencia da vespa velutina

  • Eloy Ron (Director do Centro de Alerta e Control de Pragas e Especies Invasoras de Asturias).
  • Ana María Diéguez (Universidade de Vigo).
  • José María Bello (AGA).
  • Stefano Fenucci (Apicultor experto en vespa velutina) .
  • Fabricio Zagni (Apicultor e inventor do Method-Z).
  • Joel González-Cabrera (Instituto Biotecmed. Departamento de Xenética da Universidade de Valencia).
  • Joaquín Lozano (veterinario de AGA).

20:00-20:30 Clausura e degustación de produtos da Ribeira Sacra

 

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad