
O vindeiro 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas. Por segundo ano consecutivo e ante a imposibilidade de aínda realizar actividades presenciais convidamos a que as nenas e nenos se sumen a esta celebración participando na actividade infantil “Debuxos sobre a importancia das abellas e coñece o seu mundo”.
PREMIOS
O Museo O Enredo do Abelleiro (www.abelleiro.com) e a cooperativa Erica Mel (www.ericamel.gal), colaboran con AGA ofrecendo a todos os participantes unha visita de balde ao museo coa súa familia e un agasallo con produtos das abellas. Todos os debuxos serán publicados nas nosas redes sociais o día 20 e as visitas poderanse realizar a partir do 1 de xullo con reserva previa.
A idade das nenas e nenos será ata os 12 anos.
O prazo de presentación de debuxos estará aberto ata o 23 de maio. Envía os debuxos no seguinte formulario: