
CONCURSO DÍA MUNDIAL DA ABELLA
O MORRAZO
Neste 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas, para celebralo desde a Asociación Galega de Apicultura queremos convidarvos a participar nun concurso, onde cada centro fará un traballo de investigación e plasmarao nun mural.
Os cursos aos que van dirixidos son 1º e 2º de primaria.
Cada centro presentará un único mural, onde non poderá aparecer reflectido o nome do dito centro.
O xurado estará formado por parte da Xunta Directiva de AGA e un apicultor ou apicultora da zona do Morrazo, resultando un total de catro membros.
Haberá un premio para cada concello do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña), que consistirá nun vale agasallo en material didáctico-escolar para a aula.
O prazo límite de presentación rematará o 17 de maio ás 15:00 horas.