O X Congreso Nacional de Apicultura, que se celebrará online no mes de febreiro de 2022, organiza o IV Concurso de Meles Monoflorais. Animamos ós socios e socias a participar para representar os meles de Galicia e promocionar a diversidade e calidade dos nosos produtos. Lembramos tamén que o prazo para inscribirse no Congreso con tarifa reducida remata o 21 de decembro e pódese facer a través de AGA, co cal habería ademais unha redución do 25 %.
Bases do IV Concurso de Meles Monoflorais
