Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Comunicado de AGA sobre a protección dos insectos polinizadores fronte á aprobación dos praguicidas por parte dos estados membros da UE

(27 / 06 / 2021)

Comunicado da Asociación Galega de Apicultura-AGA, das organizacións apícolas europeas e de organizacións da sociedade civil de diferentes países da UE sobre a protección dos insectos polinizadores fronte á aprobación dos praguicidas por parte dos estados membros da UE

Os estados membros da UE definirán na vindeira semana no Consello de Agricultura e Pesca os futuros niveis de protección dos polinizadores fronte aos praguicidas ou pesticidas usados na agricultura. España é un estado membro con voz e voto, así como con intencións de aprobación do limiar máximo, do 15 ao 23 % de mortalidade aceptable para as abellas e os insectos polinizadores. Somos uns campións europeos en propostas de morte para as nosas abellas e do uso de fitosanitarios. Non se trata de mirar o problema de lado coma se non fose connosco, senón de afrontalo nun limiar razoable do 7 %, ben que nunha normalidade ecolóxica sustentable sería un limiar do cero por cento.

Descargar todo o contido no seguinte botón

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad