Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

COMUNICADO DAGA MORRAZO / CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

(08 / 12 / 2022)

 

COMUNICADO AOS SOCIOS. DAGA do MORRAZO
Con motivo da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro día 10 de decembro queremos comunicarvos que ao remate da mesma, a DAGA do Morrazo organizará un pequeño convite ao que estarán convidados todos os socios asistentes.
Agardamos a vosa asistencia para compartir a nosa paixón e pasar un momento en boa compaña onde disfrutemos e poñamos en común experiencias.
Por cuestións organizativas é importante comunicar a asistencia antes das 12:00 h do xoves 8 de decembro a través do grupo de Whatsapp da Daga ou directamente a José María Bello.

ANÍMATE E PARTICIPA!!

 

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
DAGA do MORRAZO
Temos o pracer de convocar a todos os nosos socios a próxima Asemblea Xeral Ordinaría da DAGA do Morrazo que se celebrará o sábado 10 de decembro de 2022 as 18:15 h en primeira convocatoria e as 18:30 h en segunda convocatoria, no Salón de plenos do Concello de Moaña. Rúa das Barxas 2, 36950 Moaña, Pontevedra. De acordó coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral do ano 2021.
2. Estado de Contas de 2022 e validación se procede.
2.1 Funcionamento Contable
2.2 Dispoñibilidade de fondos da DAGA.
3. Memoria de actividades realizadas no ano 2022.
4. Proposta de actividades e iniciativas para o ano 2023
5. Rogos e preguntas.

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad