Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

Charla do proxecto PANEGA en Lalín 03/02/2024

(15 / 01 / 2024)

 

 

A DAGA Lalín ten organizada para o primeiro sábado de febreiro (03/02/2024) unha charla sobre a cría e selección da abella negra galega. Non vos perdades a oportunidade de coñecer de man de Xosé Manuel Durán Orús os intentos de que, mediante a cría e a selección da nosa abella negra galega, se poida melloralas das características da nosa abella, así como unha maior resistencia das mesmas cara aos grandes retos actuais, como pode sela persistente ameaza da varroa ou a loita contra a vespa velutina.

O curso terá unha parte teórica no auditorio de Lalín das 10 ás 11:30, e logo diso faráse ese mesmo día unha práctica nun cortin situado na serra da Canda.

 

Podedes inscribirvos no curso mandándonos o voso nome e apelidos, mail, teléfono e DNI ao seguinte mail: formacion@apiculturagalega.gal

 

Se vos interesa o tema, tamén tedes máis información sobre AMIGA (Asociación de criadores de Apis Mellífera Iberiensis de Galicia) e o PANEGA no seguinte enlace:

AMIGA – ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE APIS MELLIFERA IBERIENSIS DE GALICIA

 

Tamén podedes atopar máis información na páxina web do PANEGA, agora mesmo está en creación, pero pronto poderedes acceder a todolos seus contidos.deixámosxos o enlace aquí:

Inicio1

 

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad