Cesión temporal de terreos para colmeares afectados polos incendios

Os recentes incendios forestais deixaron a numerosos apicultores sen lugares seguros onde instalar os seus colmeares. Esta situación compromete tanto a supervivencia das abellas como a continuidade da actividade apícola en Galicia.

Desde a Asociación Galega de Apicultura (AGA) facemos un chamamento solidario a todas aquelas persoas que dispoñan de terreos e desexen cedelos temporalmente para que os apicultores afectados poidan reinstalar as súas colmeas.

A colaboración consiste unicamente en ofrecer unha parcela libre de risco inmediato de incendio, accesible e apta para a colocación de colmeares.

Se estás interesado en colaborar cedendo un terreo, pedímosche que cubras o formulario seguinte. Este rexistro permitirá poñer en contacto directo aos propietarios de terreos cos apicultores que máis o necesiten.

Agradecemos de antemán a solidariedade e a implicación de todas as persoas que contribúan a protexer as abellas e apoiar ao sector apícola galego nun momento tan delicado.

IMPORTANTE: Se un apicultor/a fai uso dun terreo cedido, teñen que comunicalo nas súas oficinas agrarias para asentar o asentamento no cuaderno apícola.


Información do terreo

Powered by NEX-Forms
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad