Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

CELEBRACIÓN DO II CONCURSO MELES 5 ESTRELAS

3 Dec, 2020

03 de decembro de 2020

Por segundo ano a Asociación Galega de Apicultura- AGA convocou o II Concurso de Meles 5 Estrelas, o pasado mércores 25 de novembro premiáronse en Arzúa os Meles 5 Estrelas colleitados polos apicultores e apicultoras galegos. Todo un éxito de participación cun total de 65 mostras que chegaron á fase final despois dun proceso de selección que comezou no mes de setembro,14 de multifloral e 51 monoflorais, repartidas entre  25 de castiñeiro, 1 de eucalipto, 7 de queiroga e 18 de melato de carballo, unha variada e completa representación de meles de todo o noso territorio, aínda que nesta ocasión a categoría de eucalipto foi moi escasa e sen categoría final gañadora.

O Comité de Cata do concurso estivo presidido por Amparo Pardo Carril, propietaria do Enredo Abelleiro (Arzúa) e con longa traxetoria no mundo do mel, que dirixiu ó seguinte panel de cata: Joaquín Lozano e Gonzalo Calvo, veterinarios; Fernando García, apicultor; Noela Torres, restauradora.

Os gañadores e gañadoras, todos eles socios de AGA, foron os seguintes: na categoría multifloral o premio foi José González Novoa, de Vedra (A Coruña); monofloral de castiñeiro José Luís Pérez Fernández, de Navia de Suarna (Lugo); monofloral de queiroga Mª Isabel López Pérez, de Piornedo (Lugo); monofloral de melato de carballo Amable Pérez Diz, de Muíños (Ourense). A categoría de monofloral de silva quedou descuberta por falta de meles destavariedade e a categoría de eucalipto a mostra presentada non acadou o 75% da puntuación mínima requerida.

O obxectivo principal deste concurso é valorizar os meles do noso país e promocionar e apoiar a comercialización dos meles premiados. Os gañadores recibirán unhas etiquetas co selo “Mel 5 Estrelas” para utilizar nos envases á venda do produto, que terá un prezo mínimo de 12 € o envase de 1 Kg e 7 € o de 1/2 Kg. Ademais, a Asociación Galega de Apicultura fará a compra dun lote que estará dispoñible á venta nas nosas instalacións e na tenda online de Erica Mel, que se abrirá neste mes de decembro, e a súa promoción en eventos realizados pola asociación.

O noso consurso comeza a ter repercusión tanto a nivel mundial coma internacional, e xa hai moitos interesados nos meles gañadores. Na edición anterior tres dos meles gañadores foron galardoados no London Awards 2019 , un concurso que valora aos mellores meles do mundo, nesta ocasión ao coñecerse os gañadores xa tivemos un pedido a nivel nacional e outro para a embaixada de Kuwait  de mel de queiroga.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad