
O vindeiro martes 23 de novembro terá lugar no Enredo do Abelleiro a cata de meles do III Concurso Mel 5 Estrelas, organizado por AGA. O panel estará presidido por Amparo Pardo, xerente do Enredo do Abelleiro, e composto por Joaquín Lozano, veterinario e responsable do laboratorio do mel de AGA; Noela Torres, restauradora e técnica de AGA; Dolores Rodríguez, apicultora e socia de AGA; André Arzúa, restaurador de Espazo Abella. O total de mostras do concurso que participan este ano son 63, das cales haberá representación de 5 categorías: multifloral, castiñeiro, brezo, silva e mel de bosque (melato de carballo), quedando fora a categoría de mel de eucalipto por ter só recibida unha mostra.