Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

CATA DE MELES DO ” V Concurso Meles Cinco Estrelas”

(29 / 11 / 2023)

V CONCURSO MELES CINCO ESTRELAS

 

Dende a Asociación Galega de Apicultura queremos, neste ano, debida á difícil situación que tivemos que pasar as/os abelleiras/os e as nosas colmeas por mor dos ataques masivos das velutinas e outras doenzas das abellas, pór en valor o traballo da heroica e sufridora xente apicultora galega, da que o seu cultivo das abellas é máis importante ca nunca, pondo en valor un dos produtos máis significativos das colmeas, o mel.

Por iso, queremos difundir a convocatoria deste ano do Concurso de Meles Cinco Estrelas, que celebra nesta ocasión a súa V edición, consolidándose como unha das apostas máis sólidas para reivindicar a calidade dos nosos meles e de axudar as produtoras e os produtores a valorizaren este tan valioso recurso. E sen esquecer que o que gaña connosco sempre gaña no panorama español e mundial.

Hoxe celebrouse a cata do Concurso Meles Cinco estrelas organizado por AGA nas instalacións do CIFP Compostela.A cata constou con 64 mostras finalistas, previamente analizadas nos laboratorios LASAPAGA de Lugo. O panel dividiuse da seguinte forma: 9 multiflorais, 16 de bosque (melato de carballo), 23 de castiñeiro, 12 de queiroga, 2 de silva e 2 de eucalipto. Houbo un total de 96 mostras que se presentaron este ano, quedando 32 mostras que non pasaron a primeira análise.

 

O comité de cata foi constituído por:

Elena Quián Casal – Profesora técnica de Hostalaría e Turismo.

David Abalo Bacariza – Xefe de cociña e encargado do restaurante ” La Radio” de Pepe Solla.

Mª Fe Sixto Pernas – Xerente do Museo do Mel no Valadouro, apicultora e socia de AGA.

Iago Roca Agra – Apicultor e socio de AGA.

Joaquín Lozano Parejo – Veterinario de AGA. e membro do Comité Organizador.

Noela Torres Treviño – Técnica de AGA e membro do Comité Organizador.

 

O xurado, o comité organizador e a xunta directiva de AGA felicita as persoas participantes pola calidade dos meles presentados. Temos que recoñecer que todos os meles presentados son de excelente calidade, e unha vez analizados os distintos parámetros físico-químicos, polínicos e organolépticos deles, é garante dunha calidade superior de todos os meles que acadaron pasala, dando como resultado unha ampla selección dos mellores meles do país.

Agradecemento ao CIFP Compostela por colaborar con nós e a súa profesionalidade, como ao xurado.

Pronto facilitaremos o listado das gañadoras e gañadores e o acto de entrega dos premios e distincións.

Saúde e moito mel!

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad