Cata de meles do Concurso de meles 5 estrelas

Dende a Asociación Galega de Apicultura queremos, recoñecer e pór en valor o traballo das/dos apicultoras/es galegas/os, xa que son tempos complicados para a apicultura e o seu esforzo e persistencia cobra máis valor ca nunca, pondo en valor, neste caso,  un dos produtos máis significativos das colmeas, o mel.

Por iso, queremos difundir a convocatoria deste ano do Concurso de Meles Cinco Estrelas, que celebra nesta ocasión a súa VII edición, consolidándose como unha das apostas máis sólidas para reivindicar a calidade dos nosos meles e de axudar as produtoras e os produtores a valorizaren este tan valioso recurso. A nosa aposta pola calidade e transparencia é firme, proba disto da rigorosidade deste proceso de selección é quen gaña connosco sempre gaña no panorama español e mundial.

O pasado 12 de novembro celebrouse a cata do Concurso Meles Cinco estrelas organizado por AGA nas instalacións do CIFP Compostela.

Ao concurso presentáronse unhas cen mostras, previamente analizadas nos laboratorios LASAPAGA de Lugo. O panel dividiuse da seguinte forma xulgando por partes os meles finalistas que superaron os estritos límites de humidade, HMF… establecidos nas bases do concurso: Así, superaron o proceso previo e chegaron á cata 36 multiflorais, 15 de bosque (melato de carballo), 12 de castiñeiro, 6 de queiroga, 7 de silva e 2 de eucalipto.

 

 

 

 

O comité de cata foi constituído por:

Isabel Sánchez – Mestra do CIFP Compostela, con ampla experiencia en catas.

Sarai Vázquez – Apicultora.

Josefa Durán – Apicultora, con formación na cata de meles e socia de AGA.

Pablo Gómez – Apicultor, formado na cata de meles e socio de AGA.

 

 

 

 

Organizaron e supervisaron o proceso:

Joaquín Lozano Parejo – Veterinario de AGA e membro do Comité Organizador.

Iago Roca Agra– Técnico de AGA e membro do Comité Organizador.

 

 

 

 

O xurado, o comité organizador e a xunta directiva de AGA felicita as persoas participantes pola calidade dos meles presentados. Temos que recoñecer que todos os meles presentados son de excelente calidade, e unha vez analizados os distintos parámetros físico-químicos, polínicos e organolépticos deles, é garante dunha calidade superior de todos os meles que acadaron pasala, dando como resultado unha ampla selección dos mellores meles do país.

Agradecemento ao CIFP Compostela por colaborar con nós e a súa profesionalidade, como ao xurado.

As gañadoras e gañadores xa se lles foi comunicado por diversos medios, e o acto de entrega dos premios e distincións realizarase o vindeiro 28 de novembro no CIFP Compostela.

Saúde e moito mel!

 

 

 

 

 

 

 

En paralelo, tamén se realizou a elección dos gañadores do concurso de etiquetaxe, no que se presentaron os seguintes deseños:

 

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad