Campaña diagnose de DWV-Nosema-Varroa. AGA 2026

CAMPAÑA DIAGNOSE DWV-NOSEMA-VARROA

Este ano padecemos perdas xeralizadas, salvo algunhas excepcións. As causas son moi variadas, climatoloxía, velutina, varroa… pero hai outras enfermidades como DWV (virus das ás deformes) e Nosema, das que non facemos un control e descoñecemos a súa presenza, podendo ter un papel moi importante nestas baixas.

Hai que recordar que o virus das ás deformes pode estar moi presente, presentando síntomas  evidentes  (defectos na formación das ás ) só nun pequeno número de abellas que colleron a infección sendo larvas e con unha carga vírica moi elevada.

Estas abellas sen ás só representan a punta do iceberg desta infección, podendo estar unha colmea moi infectada pero cun escaso número de abellas sen ás.

O vector principal do DWV  é a varroa, que o transmite ás larvas dentro da cela. Tamén existe unha transmisión horizontal entre as abellas por trofalaxe, e tamén unha raíña positiva ao DWV xa o transmite nos ovos a súa descendencia, así como un zángano DWV  positivo transmite a través do seme.

En moitos casos o causante da morte das colmeas non é a varroa, senón o virus que esta  transmite, sendo este finalmente o responsable da mortaldade, incluso en colmeas que xa se limparon de varroa.

Ademais o DWV Tipo A, menos virulento, onde hai varroa é substituído polo DWV tipo B, moi virulento.

Co obxectivo de coñecer a situación epidemiolóxica respecto a estas dúas enfermidades e a súa presenza nos nosos apiarios comezamos unha campaña de análises de DWD,  Nosema e Varroa.

O custe do análise de DWV e de 30 € (extracción de ARN, converter en ADN copia e facer PCR a tempo real)  mentres que as análises de Nosema e varroa (incluídas) serían gratuítas.

Pensamos que é moi interesante coñecer estes análises, pois poden darnos información relevante sobre a situación sanitaria dos nosos apiarios e poder tomar medidas.

Os interesados deberedes comunicalo a AGA ( podedes poñervos en contacto COS VETERINARIOS Tlf.- 630-838-312)  canto antes e a máis tardar o dia 30 de abril, para facer o listaxe de interesados e organizar a entrega e envío das abellas ao laboratorio así como informar ao Laboratorio do número de mostras a analizar, ao seren análises moi específicos e ter que preparar todo o equipo.

Loading...
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad