Telf.: 981 508 142 info@apiculturagalega.gal

Cambios datas do Congreso Nacional de Apicultura

(27 / 10 / 2021)

O comité organizador do X Congreso Nacional de Apicultura, edición que terá lugar en modalidade online, comunicou recentemente o aprazamento do congreso, previsto inicialmente para o mes decembro.

A nova data  queda fixada para os días 10, 11 e 12 de febreiro do 2022. Polo tanto, amplíase o prazo de inscrición con prezo reducido, ata o 21 de decembro, e do envío de comunicacións ata o 17 de xaneiro. Lembramos que hai un desconto para asociacións, mínimo 20 persoas, polo cal os socios e socias interesadas en inscribirse deben comunicarnos o seu interese e darémoslle información sobre como realizar a inscrición.

Máis información: www.congresonacionalapicultura.com

Share This
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Mais información
Privacidad