BORRADOR DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2022 POR AGA
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ANUAL DE AGA ANO 2023
Día: 4 de febreiro de 2023.
Hora: 13,00 horas.
Lugar: Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa.
O sábado día 4 de febreiro de 2023, no recinto feira “Terra do Queixo” de Arzúa, terá lugar a Asemblea xeral da Asociación Galega de Apicultura, ás 13,00 horas en primeira convocatoria e ás 13,30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, de proceder, das actas das asembleas extraordinaria e xeral que se celebraron o 26 de marzo de 2022.
- Relatorio das actividades apícolas realizadas por AGA no ano 2022, así como das actuacións normativas e asociativas de xestión, contables e fiscais emprendidas.
- Contabilidade e contas do ano 2022.
- Actividades programadas e orzamento de AGA para o ano 2023.
- Relación de AGA e a cooperativa Erica Mel, así como coas demais entidades apícolas de Galicia.
- Rogos e preguntas.
DESENVOVLEMENTO DA ASEMBLEA XERAL
- Relatorio das actividades apícolas realizadas por AGA no ano 2022, así como das actuacións normativas e asociativas de xestión, contables e fiscais emprendidas.
De acordo co aprobado no punto de Rogos e preguntas da Asemblea xeral ordinaria que se celebrou o día 26 de marzo de 2022, a relación de actividades do ano de referencia serán documentos expostos na zona socios da páxina web de AGA, coa advertencia de que eses datos son privativos da asociación e non procede a súa divulgación.
- Relación das principais actividades apícolasrealizadas por AGA neste período:
- Inverno-primavera e outono: Xestión do Plan Apícola
Nº de socios participantes: 815 > Colmeas inscritas: 61.716
Importe do valor económico total solicitado polos socios: 537.464,66 €
Importe da subvención por parte da administración: 396.970,01 €
No ano 2022 as liñas que se subvencionaron para os apicultores e apicultoras foron:
1) Lina B1 e B2, «Tratamentos»: o 90 % da base impoñible dos produtos convencionais e o 100 % para as persoas abelleiras inscritas no CRAEGA.
2) Liña B5.1, «Trampas e atraentes contra a Vespa velutina (tártago negro de patas amarelas)»: en función do número de colmeas rexistradas e dos apiarios, cunha subvención do 94 % da base impoñible.
3) Liña B4.1, «Alimentación»: subvención previsible do 90 % da base impoñible, pero cun límite máximo por colmea.
4) Liña B4.2, «Cera»: límite máximo por colmea.
5) Liña C4, «Seguro»: quedou fóra da subvención por esgotamento de crédito.
6) Liña B5.2, «Métodos de eliminación, disuasión e control da Vespa velutina (fondos sanitarios)»: quedou fóra da subvención por esgotamento de crédito.
7) Publicacións e divulgacións: cero.
> Problemas na conformidade por parte dalgúns veterinarios das oficinas agrarias, tanto nas presentacións presenciais coma nas online.
> A devolución do Plan Apícola aos socios rematouse en tempo antes do remate do mes de novembro.
Resumo PA: As liñas e os importes solicitados polos socios e socias de AGA e os concedidos provisionalmente pola administración foron os que se recollen na seguinte táboa:
Número de apicultoras e apicultores socios solicitantes |
815 |
Número de colmeas participantes no global do PA |
61.716 |
Liña |
Concepto |
Cantidade solicitada |
Cantidade atribuída |
Porcentaxe representativa |
A1 |
Contratación de técnicos e especialistas en apicultura (veterinarios) |
63.600,00 € 60.000,00 € |
54.000,00 € |
90,0 % [máximo] |
A2 |
Cursos e formación continuada |
15.006,47 € |
0,00 € |
0,0 % |
A3 |
Medios de divulgación técnica |
21.397,38 € |
0,00 € |
0,0 % |
A4 |
Persoal administrativo |
16.667,00 € |
0,00 € |
0,0 % |
B1 |
Tratamentos contra a varroase en convencional |
163.221,82 € |
142.257,50 € |
87,1 % [máximo 90 % ou 2,5 €/colmea] |
B2 |
Tratamento ecolóxico contra a varroase |
6.136,32 € |
6.029,13 € |
98,2 % [máximo 100 % ou 5 €/colmea] |
B4.1 |
Uso de produtos autorizados para a alimentación das abellas (alimento) |
133.341,11 € |
120.011,46 € |
90,0 % [máximo 90 % ou 4 €/colmea] |
B.4.2 |
Renovación e/ou purificación de cera |
96.885,66 € |
70.993,76 € |
73,2 % [máximo 90 % ou 6 €/colmea] |
B.5.1 |
Adquisición de trampas e atraentes |
5.978,40 € |
3.678,16 € |
61,5 % [máximo 100 €] |
B.5.2 |
Fondos sanitarios |
9.886,80 € |
0,00 € |
0,0 % |
C |
Seguro |
5.343,70 € |
0,00 € |
0,0 % |
|
Total provisional |
537.464,66 € |
396.970,01 € |
- Xornadas e feiras:
- 26 de marzo: Día do Apicultor e celebración das eleccións.
- 20 de maio: Día Mundial das Abellas en Allariz co programa «As abellas son colegas», así como en Ferrolterra, O Courel e outros lugares da nosa xeografía.
Día Mundial das Abellas: “As Abellas no Camiño” – “As Abellas son Colegas”
Pola celebración do Día Mundial das Abellas o 20 de maio de 20022 celebramos unha actividade infantil. A finalidade foi facer unha actividade dinámica onde mediante un pequeno concerto da Abella Loira e o Doutor Propóleo máis material divulgativo se deu a coñecer o mundo das abellas, a súa historia, a vinculación da apicultura no Camiño de Santiago e mais todo o patrimonio apícola que temos no noso territorio galego.
- 11 de xuño: 37ª Mostra Galega de Apicultura, en Arzúa.
- LaboratorioLASAPAGA-Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia
As analíticas dos distintos parámetros solicitadas polos socios e tamén as necesarias para o Concurso Meles Cinco Estrelas foron este ano realizadas polo Lasapaga grazas a un acordo polo que, ademais, permitiron aos veterinarios de AGA realizar as análises polínicas nas súas instalacións, xa que non é un dos servizos prestados polo laboratorio. Iso pode cambiar porque teñen a intención de facer análises polínicas certificadas.
– Nº de mostras: 185 mostras x nº analíticas = 459 parámetros analizados
[ano 2020: 49 mostras; ano 2021: 84 mostras].
Importe 2022: 2.487,78 € [ano 2021: 3.067,35 €]
– Concurso de Meles Cinco Estrelas: 65 mostras participantes nas seis categorías do mel de Galicia: mel multifloral, eucalipto, silva, castiñeiro, queiroga e bosque.
> Selos do Mel Cinco Estrelas remitidos aos seus destinatarios.
> Merca dos correspondentes lotes de mel a cada persoa gañadora
> O acto de entrega realizarase o Día do Apicultor o 4 de febreiro de 2023.
— Feiras do mel: Moaña, Baiona, Carballo, Allariz, Narón, Oleiros…
— Actuacións ante os lumes e xestións ante a compañía aseguradora, escritos, conta, axudas…
Creouse unha conta bancaria para recibir as doazóns para abelleiros damnificados polos lumes, pero non tivo éxito e devolvéronse os cartos ás persoas que os doaran.
Esa conta destinouse posteriormente ás DAGAs, para que teñan depositados nela os seus fondos económicos de forma independente e á súa libre disposición logo de solicitude e xustificación do gasto.
Nesta conta están os fondos das seguintes DAGAs: O Morrazo, A Barbanza, Bergantiños, A Coruña (que ingresou os seus fondos procedentes doutra conta), Mondoñedo (que liquidou a súa conta propia),
As DAGAs de Ortegal e Ferrol teñen contas propias co CIF de AGA.
Os importes correspondentes das DAGAs de Allariz e Lalín ingresaranse nesta conta.
A DAGA das Rías Baixas devolveu os cartos, que tiña en efectivo, cando se deu de baixa, e permanecerán nesa conta á espera de que se reconstitúa de novo esta delegación.
— Promoción e rutas de Apiturismo en Galicia:
Importe da subvención: 10.413,90 € [total investido: 18.000 €]
Seguindo a difusión do proxecto de apiturismo de Galicia, organizáronse 7 das rutas que se promocionan. Por outro lado realizamos a inauguración da Oficina de Apiturismo no concello de Arzúa onde a gran cantidade de peregrinos que nos visitan déronos a oportunidade de dar a coñecer o Apiturismo a nivel mundial.
Participamos en varias feiras e eventos do sector apícola onde se deron charlas sobre o proxecto e levouse material de difusión que se repartir entre os asistentes.
O uso da web e a súa promoción nas redes sociais, onde é unha fiestra cara o mundo de todo o patrimonio apícola que existe en Galicia.
Proseguiuse cos traballos de inventario presentes en todas as zonas e veuse a necesidade da creación dunha plataforma onde poidamos protexer a todo o patrimonio apícola en moitas das zonas están en desuso e en ruínas. O proxecto de Apiturismo está a facer unha labor moi importante para este obxectivo, xa que moitas das persoas involucradas nas rutas están a facer labores de limpeza e restauración.
O público que participou destas actividades estivo constituído por apicultores e apicultoras, poboación xeral, visitantes, turistas e peregrinos, así como asociacións e outras entidades vinculadas ao sector apícola e do turismo tanto de Galicia coma do resto do resto de España.
A continuación detallamos todas as actividades realizadas e os materiais de promoción.
— Actividades de promoción
1.1 Rutas
Realizáronse sete rutas do total existentes en toda Galicia.
Calendario e lugares.
- Vilatuxe (Lalín)- Serra do Candán / 09 de xullo
– Ruta de 12 kms
– Charla sobre o Apiturismo
- Vimianzo- Costa da Morte / 27 de agosto
– Ruta de 9 kms
- Seceda- Courel / 01 de outubro
– Ruta de 6 kms
– Concerto de A Abella Loira e o Doutor Propóleo e cata de meles galegos no Alvar da Escontrela
- Navia de Suarna – Os Ancares / 15 de outubro
– Ruta en vehículo con parada en varios puntos clave dende onde se divisaban varios albares, visita a un albar en funcionamento. Ruta de un perímetro de 20 kms.
- Nogueira de Ramuín – Ribeira Sacra / 20 de outubro
– Visita ao Mirador de Pé do Home dende onde se divisa unha alvariza de gran tamaño co río Sil de fondo, a “Alvariza do Vello”
- Casaio- Valdeorras / 22 de outubro
– Ruta de 6 kms
- Lobios- Xurés
– Ruta de 7 kms
> Apertura da Oficina de Apiturismo en Arzúa, no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel.
— Información e asesoramento:
Arzúa, de luns a venres, de 10 a 14 h e de 15 a 18 h, presencial, email, teléfono e whatsapp
Consultas técnicas e sanitarias: teléfono directo cos veterinarios.
Circulares informativas, nas redes sociais e na páxina web de AGA
— Formación:
Xornadas online
-Teoría básica apícola, 14 de maio
-Varroa, 4 de xuño
-Enfermidades apícolas. Outras patoloxías, 4 de xuño
-Alimentación, 25 de xuño (online)
-Cera, 25 de xuño (online)
-Produtos apícolas, setembro
-Preparacion invernada, setembro
Presencial
-Actualización en sanidade, manexo, produtos. Ortigueira 3-4 e 5 de setembro
-Reprodución (37ª Mostra), 11 de xuño
Obradoiros apícolas-manexo práctico no apiario
Arzúa, 21 de maio
Allariz, 22 de maio
Mondoñedo, 28 de maio
Campo Lameiro, 29 de maio
Obradoiros apícolas-manexo práctico na explotación
Ourense, 22 outubro
Monfero, 23 outubro
-Introdución á apicultura ecolóxica
-Alimentación proteica
-Agroseguro, 28 de outubro
Asesoramento en delegacións de AGA (DAGAs)
ORTEGAL
Curso Boas Prácticas Apícolas, 30 de abril e 1 de maio
Curso Cría de Mestras, 22, 29 de abril e 1 de maio
FERROLTERRA
Curso Boas Prácticas Apícolas, 14 e 15 de maio
Curso Cría de Mestras, 6, 13 e 15 de maio
RÍAS BAIXAS
Curso manexo básico no apiario, 2 e 3 de abril
Prácticas de Reprodución no Apiario, 18 de xuño
O MORRAZO
Xornada “Abellas resistentes á varroa e outros criterios de selección”, 21 de maio
Curso de Información avanzado, 4 e 5 de xuño
A BARBANZA
Curso iniciación, 2 e 3 de xullo
Etiquetaxe. Producion primaria, 22 de outubro.
LALÍN
Varroase, 16 de setembro
Produción primaria, 28 de outubro.
- Relación das actividades normativaslevadas a cabo pola Xunta Directiva desde o 26 de marzo ata o 31 de decembro:
— O establecemento do Plan de prevención sobre a avaliación de riscos e a planificación preventiva na nave de AGA, coas súas derivadas nos cambios das portas por defectos graves e da compra e adaptación dos mobles de oficina á regulamentación específica determinada pola normativa vixente.
— A subscrición dunha póliza de seguros de responsabilidade civil, incendio e roubo no local da sede.
— A apertura dunha botica atendida por un farmacéutico para a dispensación e distribución de tratamentos veterinarios que requiran os socios e as socias.
— A autorización do Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios-Regasa como asociación apícola, para termos un punto de venda de produtos alimenticios (queixo, mel e pole).
— A renovación do logo de AGA, cun orzamento mínimo de 500 €, para revitalizalo e actualizalo no seu deseño.
— A adecuación pertinente ao convenio laboral correspondente do persoal empregado.
— Xestión de labores de adecentamento do local e da tenda, da alta de novas liñas de teléfono (981508142 / 630069637) e internet, o cambio dos ordenadores por estaren obsoletos e non permitiren actualizacións xa, a compra dun frigorífico para os queixos.
— A dignificación da tenda de AGA para a venda ao público dos meles gañadores do Concurso Meles Cinco Estrelas e a promoción dos singulares dos socios.
[ NOTA INFORMATIVA COMERCIAL (remitida en novembro 2022) aos socios de AGA:
As socias e os socios interesados en teren o seu mel á venda na tenda de AGA en Arzúa, así como nas feiras ás que a Asociación Galega de Apicultura e otras actividades asista, poden poñerse en contacto con AGA no teléfono 981630694.
A intencion é colaborar na comercialización dos meles da xente asociada e explorar novas canles de venda dos nosos meles.
Primeiramente, escolleranse os lotes dos meles premiados no Concurso Meles Cinco Estrelas. Despois, a elección dos socios e das socias provedores deses meles será por sorteo, que irá nunha quenda rotativa.
En todo caso, os meles deberán estar etiquetados e amparados por Producción Primaria ou Rexistro Sanitario, para o cal AGA realizará os controis físico-químicos necesarios, acordes coa lexislacion vixente.
Os interesados deberán comunicalo a AGA antes do día 26 de novembro de 2022. ]
III. Relación de actividades asociativas
- Número de socios e socias no 31 de decembro de 2022: 1.517 persoas.
Altas: 121 – Baixas: 141
> Causas: conflito económico, eleccións, incendios, velutina, pasamentos
- Comunicación por medio de 5 circulares informativas + AGA informa, páxina web…
- Relacións AGA central e delegacións:
– Creáronse as DAGAs do Deza e Allariz.
– Fusionáronse a da Barbanza-O Salnés.
– Reactivouse a DAGA de Mondoñedo.
– Baixa na DAGA das Rías Baixas. Intentaremos no 2023 reactivala con novas persoas para cubrir esta interesante área xeográfica.
– Apertura dunha conta conxunta para que as DAGAs teñan depositados nela os seus fondos económicos de forma independente e á súa libre disposición logo de solicitude e xustificación do gasto. (véxase arriba o punto 2)
– Elaboración de documentación común para as convocatorias, actas, contabilidade, declaración xuradas individuais ou colectivas…
– Traslado de ordes do día e acordos por parte dos representantes do Consello das DAGAs ao resto das DAGAs.
- Situación internade determinados socios/as numerarios: membros da Xunta Directiva, maiores de 80 anos e varios membros dunha familiar asociados cunha soa persoa titular
- Por acordo da Xunta Directiva de AGA, os membros da Xunta Directiva, en calidade de socios e socias da asociación, cumprirán o estipulado no artigo 10.4 dos Estatutos, o que vén sendo que satisfarán a súa cota anual. Soamente queda exento deste cumprimento o persoal empregado da asociación.
- No Consello Apícola que se desenvolveu o día 14 de xaneiro de 2023 tomáronse os seguintes acordos ao respecto para elevalos á aprobación da Asemblea xeral e posteriordesenvovlemento vía modificación dos Estatutos ou vía normas de réxime interno:
— En desenvolvemento e interpretación dos artigos 8 e 10.4 dos Estatutos da Asociación Galega de Apicultura:
“Quen teña cumpridos os 80 anos e leve máis de vinte anos cumpridos como socio ou socia de AGA pasa a ser socio ou socia con dereito a non satisfacer o pagamento da súa cota de socio anual.
Estas persoas socias honorarias soamente poderán ter adscrita á súa titularidade de socio ou socia a unha persoa familiar en primeiro grao [esposo/a ou parella de feito e fillo/a].”
— Como reparación dunha práctica abusiva existente en relación con asociados que teñen varias persoas adscritas nos beneficios que supón ser socio ou socia de AGA determínase o seguinte:
“Unha persoa socia poderá ter baixo a súa titularidade de asociada unicamente a unha persoa familiar de primeiro grao [por consanguinidade: nai-pai e filla/fillo e cónxuxe ou parella de feito por afinidade] con todos os dereitos estipulados nos puntos 3 e 4 do artigo 9 dos Estatutos de AGA, resultando os demais dereitos recollidos no citado artigo 9 de uso exclusivo para a persoa titular asociada.”
— Cota familiar: 75 euros
“Establécese unha cota familiar de 75 euros (50 € + 25 €) para aquelas dúas persoas que teñan un segundo grao de parentesco [irmá(n), avó-avoa e neto-a, así como os seus cónxuxes ou parellas de feito]. Ambos socios ou socias terán gozo pleno de todos os dereitos recollidos no artigo 9 dos Estatutos de AGA.”
- c) Efectos da baixa de AGA
“Quen se dea de baixa de AGA deberá esperar dous anos para volver darse de alta como socio ou socia da asociación, e será admitido conforme o determina o artigo 12 dos Estatutos de AGA.”
- Envío de varios burofax nos que se reclamaba información e documentación de AGA: DAGAs (A Coruña, Ferrol e Ortegal), Greenpeace, José Antonio Rodríguez Cornes, Miguel Anxo Méndez López, Paula Souto Fandiño, presidente de Erica, Servicios Agrarios e Contables de Lugo.
- Reunións coa alcaldía de Arzúa, tanto polo convenio do Concello-AGA-Erica coma feira do Día do Apicultor.
- Adscrición a BeeLife
> Cartas diversas aos Ministerios MAPAMA e de Transición Ecolóxica do Goberno de España
- Caso Greenpeace
- Rexistro e defensa da marca Máis Que Mel! a prol de AGA





VENTAJAS DE LA MARCA REGISTRADA
.-Efecto constitutivo y no meramente declarativo del derecho de propiedad sobre la misma.
.-Individualiza los productos y los servicios eliminando el carácter genérico.
.-Indica al consumidor el origen empresarial de dichos productos y servicios
.-Identificar marca y niveles de calidad.
.-Hacer posible organizar redes comerciales propias, franquicias, delegaciones, etc.
.-Evitar que pueda beneficiarse un tercero de nuestras promociones y publicidad.
.-Diseñar y proteger un logotipo propio y exclusivo para reforzar nuestra imagen de empresa.
Las clases del Nomenclátor internacional que influyen en su negocio son:
CLASE 30 – Miel; sucedáneos de la miel.
CLASE 35 – Servicios de gestión y administración de empresas; trabajos de oficina, promociones publicitarias de carácter empresarial; organización y gestión de ferias, muestras y exposiciones con fines comerciales y/o publicitarios; promoción [publicidad] de actos culturales (35); publicidad; asesoramiento en marketing y campañas de marketing; información y asesoramiento a empresas comerciales en la dirección de negocios. Servicios de venta al por mayor y por menor y a través de redes mundiales de la informática de miel y sus sucedáneos.
CLASE 41 – Servicios de educación; formación, servicios de entretenimiento; actividades deportivas y culturales; enseñanza; organización y dirección de congresos, seminarios, coloquios, conferencias, talleres de formación; organización de eventos con fines culturales.
CLASE 45 – servicios de asesoramiento legal prestados por una asociación a sus socios.
[Observatorio 2023:
En canto a AGA, tamén está na encrucillada, despois de 40 anos chea de actividades
basadas na creatividade e imaxinación das directivas, foi tomada por asalto por unha
directiva de empregados/as e funcionarios burócratas que a levarán ao desastre.
Agora estou no equipo máisquemel que alberga colectivos deseosos de facer as cousas
doutra maneira: Escomenzamos por editar, Os Bolechas (máis que mel) para as
escolas. Son o autor do do artigo “máis que mel” publicado por FROUMA (sindicato
labrego galego) sobre”manexo de masas vexetais para a apicultura” que podedes
descargar na web: www.maisquemel.gal
Para o ano 2023 maisquemel ten proxectadas unha xeira de actividades que irán
desgranando a filosofía dos distintos colectivos: Día mundial das abellas 2023, o 20 de
maio en Compostela. Encontros dos colectivos maisquemel na vindeira primavera e
apiturismo ao estranxeiro, despois do verán. Fdo. J.M.A.M.]
- A facturación conforme a lei e o impulso dos pagos por transferencia, TPV ou domiciliación, co seguimento do vieiro cara ao menor manexo de cartos en efectivo.
Seguirá existindo independencia total das DAGAs para realizar as actividades que consideren necesario.
Todo gasto realizado por unha delegación deberá levar consigo unha xustificación do gasto máis unha factura.
- NORMAS E INSTRUCIÓNS INTERNAS DE CONTABILIDADE ECONÓMICA E FISCAL PARA TODAS AS DELEGACIÓNS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA
Seguindo as pautas determinadas polo asesoramento contable con base na lexislación contable e fiscal vixente, determínanse o procedemento e os puntos e criterios que deben seguir de xeito estrito os/as tesoureiros/as e delegados/as das DAGAs da Asociación Galega de Apicultura para as contas propias, co obxecto de levar o bo termo a súa contabilidade:
- De acordo cos artigos 42.b) e d) e 49 dos Estatutos da Asociación Galega de Apicultura, e referendado pola unanimidade da reunión da Xunta Directiva de AGA que tivo lugar o día 14 de novembro de 2022, o tesoureiro, José María Bello Santos, figurará como titular en todas as contas que leven o CIF da Asociación Galega de Apicultura e terá acceso electrónico a elas.
- Os gastos ou pagos por transferencia igual ou superiores a 300 € precisan xustificación da motivación para ser autorizada polo tesoureiro de AGA.
Non se permiten os reintegros en efectivo (utilización dunha tarxeta moedeiro).
O saldo desa tarxeta será acordada entre o tesoureiro de AGA e cada unha das DAGAs en función das súas necesidades.
- Antes da realización dunha actividade por unha DAGA hai que acordar as condicións e recoller ou aportar o respectivo convenio, así como realizar ou asegurarse de que o pagamento polo seguro de responsabilidade está cuberto.
- Todo gasto débese referendar nunha factura, cos debidos conceptos de base impoñible, IVE e, se é o caso, IRPF.
Non se aceptarán baixo ningún concepto nin facturas nin recibos de honorarios indebidamente emitidos (deben reflectir os datos fiscais e de contacto de ambas partes e figurar as contías e impostos que en cada caso sexan aplicables, IVE-IRPF).
Exepción do IVE:
Aquelas entidades que por lei así o poidan facer (asociacións sen ánimo de lucro) e o informen explicitamente na factura que emitan.
No caso de incumprimento a responsabilidade recae sobre a persoa pagadora responsable ou actuante.
En calquera factura emitida de forma irregular ou incompleta procederase a emendar os defectos contables e fiscais por conta da delegación incumpridora dos ditos preceptos, que se retirarán da súa conta ou ben da contribución que lle corresponda á fin de ano polas persoas asociadas adscritas.
- Todo pago de factura deberá ser remitido o antes posible coa copia de factura e xustificante detalle bancario ao tesoureiro e á sede de AGA central en Arzúa nos seguintes emails:
tesoureria@apiculturagalega.gal
Info@apiculturagalega.gal
- Prégase o envío sen demoras das facturas a AGA central tras da súa emisión e de celebración do pago ou acto.
Na realización dos pagos e da emisión das correspondentes facturas hai que ter presentes as particularidades contables e fiscais da fin de cada trimestre do ano.
Neste caso, por motivos de contabilidade e contribución fiscal precisa, débese evitar en todo o posible a facturación na véspera do remate de cada mes e o pago no vindeiro.
- Os pagos que se realicen por actividades propiamente apícolas ou por actos de confraternización das persoas adscritas a unha DAGA deben achegar tamén unha factura. Neste último caso habería que xustificar a necesidade de, se é o caso, o convite, así como que se emitiu a comunicación a todas as persoas adscritas a ela.
No caso de non ser posible esa facturación por determinadas circunstancias resulta obrigatorio unha declaración xurada onde conste a xustificación destes gastos por parte do/a delegado/a ou tesoureiro/a da respectiva DAGA.
Os gastos sen factura de material non xustificable a simple vista débense acompañar dunha declaración xurada ou ben cunha memoria onde se relaten os motivos e feitos desa factura.
Toda declaración xurada terá que vir firmada de puño e letra por unha persoa física da delegación, ou ben por varias.
Hai que evitar no posible este tipo de pagos por pequenos que sexan.
- Emisions de facturas:
As actividades desenvolvidas polas DAGAs que conleven contraprestacions económicas deberanse plasmar en facturas co CIF de AGA.
- Cando se acorde a devolución de cartos en efectivo dos que as delegacións dispoñen deberase ingresar a totalidade nunha mesma transferencia, co seguinte concepto: «Reintegro do efectivo da DAGA de …».
- Recibo de honorarios derivados de asistencias xustificadas a actividades (quilómetros, peaxes e dietas): aportar xustificacion destes.
- Para as DAGAs que teñan centralizada a súa contabilidade comunicarase un número de conta onde figuren todos os haberes das correspondentes delegacións.
- No caso concreto das delegacións coa súa tesourería centralizada obrarase con respecto a elas como ata o de agora. A petición destas faránselles os pagos solicitados e xustificados e as facturas que precisen para o desenvolvemento da súa actividade sen menoscabo da súa independencia e bo facer.
- Por parte da tesourería de AGA central remitirase unha plantilla de levanza das contas de cara ao ano 2023.
Cada DAGA deberá custodiar a documentación que sexa da súa incumbencia (relación de facturas).
- Cada DAGA deberá ter un inventario de subvencións e de bens da súa propiedade, que lle comunicará a AGA central para a súa incorporación aos inventarios centrais.
En AGA central-Arzúa estamos á vosa disposición para calquera aclaración respecto das vosas dúbidas sobre a temática da facturación, así como para unha consulta sobre as facturas que emita unha DAGA; non as que lle emitan, por ser competencia do emisor dela.