Bioloxía, impacto e loita contra a velutina. Local Social de Seoane, Folgoso do Courel

⚠️ A vespa velutina segue avanzando e cada ano provoca un maior impacto no noso entorno: afecta ás abellas e á biodiversidade, perxudica a produción apícola e supón tamén un risco para os ecosistemas. A prevención e o control son fundamentais, e pequenas accións comunitarias poden ser decisivas. 🐝

Por iso, organizamos a xornada:

🟠 “Estratexia Colectiva e Loita contra a Velutina”

Unha mañá en dous momentos:
1️⃣ Obradoiro práctico de trampas caseiras e atraentes
2️⃣ Debate colectivo: que podemos facer como comunidade apicultora?

👨‍⚕️ Impartida por Gonzalo Calvo (veterinario de AGA)
📅 12 de xullo
🕚 11:00 a 13:00 h
📍 Local Social de Seoane (Folgoso do Courel)

✅ Actividade aberta e gratuíta organizada pola ADRSC e financiada pola Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Agradecemos difusión 🙌
Para cualquera dúbida ou consulta: 676114153

Loading...
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad