Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

AULA VIRTUAL

(28 / 03 / 2023)

 

Súmandonos aos avances tecnolóxicos e creendo en ter unha formación sinxela e de fácil acceso, creamos unha Aula Virtual para toda a formación online de AGA. Nela os alumnos e alumnas terán acceso ás sesións e diferente material didáctico.

Para acceder a dito material haberá que ter feita a inscrición previa, nos prazos establecidos. Dita inscrición tamén se poderá facer na plataforma de Aula Virtual.

Para acceder a ela poderedes ou:

  • Na web de AGA ir ao banner onde pon Aula Virtual
  • Ou no seguinte enderezo: https://aulavirtual.apiculturagalega.gal

 

Aos alumnos e alumnas mandaráselle un mail co seu usuario e contrasinal. Calquera problema de técnico e de acceso temos a vosa disposición o seguinte mail: web@apiculturagalega.gal

Todo o material aportado é para uso persoal, queda prohibida a súa copia ou uso profesional fora do ámbito de AGA.

Para calquera outra dúbida referente á formación podedes mandar un mail á formacion@apiculturagalega.gal

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad