CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA DAGA DE SALNÉS
Pola presente, de acordo co artigo 35º.2 e o artigo 36 dos Estatutos Sociais da Asociación Galega de Apicultura-AGA, aprobados o 7 de febreiro de 2004, convócase a Asamblea ordinaria anual da DAGA de Salnés, que terá lugar na Casa da Cultura, sito no enderezo rúa Galáns, 16 , o día 19 de marzo de 2022, ás 19:00 horas en primeira convocatoria, ou media hora despois en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:
1. Actividades realizadas e estado das contas da DAGA de Salnés no ano 2021.
2. Aprobación do programa e presuposto para o ano 2022.
3. Elección dun delegado da DAGA de Salnés, así como das persoas asociadas que colaboren con el nas tarefas de tesourería e secretariado.
4. Rogos e preguntas.
Vilagarcía de Arousa,16 de marzo de 2022.
Firmado: Dolores Rodríguez