O próximo 19 de marzo a DAGA Barbanza celebra a súa asemblea anual, para o que convocan ós socios e socias da delegación a participar. Nela exporanse as actividades realizadas e a economía deste ano 2021 e proposta para o ano que ven, así como a renovación da Xunta Directiva. Será ás 11:00 h. no local Abellamel na rúa Condado 1 da vila de Pobra do Caramiñal.
Lugar: A Pobra do Caramiñal
Rúa Condado 1, Baixo
Día: 19 de marzo de 2022
Hora: 11 horas
CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA DA DAGA DE O BARBANZA
Pola presente, de acordo co artigo 35.2 e o artigo 36 dos Estatutos sociais da Asociación Galega de Apicultura-AGA, aprobados o 7 de febreiro de 2004, eu FERNANDO CORES IGLESIAS, con DNI núm.33240287C, membro da inicial Xunta Directiva da Delegación de O Barbanza, e dado que a situación da Delegación de O Barbanza desde o seu mesmo inicio foi a inactividade total, en calidade de socio adherido a esta DAGA, ten a vontade de retomar a delegación, impulsala e proceder a activala conforme aos Estatutos da Asociación Galega de Apicultura.
Por todo o anteriormente exposto, convócase a Asamblea ordinaria anual da DAGA de O Barbanza, que terá lugar en A Pobra do Caramiñal, na rúa Condado 1, Baixo, o día 19 de marzo de 2022, ás 11 horas en primeira convocatoria, ou media hora despois en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:
- Actividades realizadas e estado das contas da DAGA de O Barbanza no ano 2021 e anteriores, se as hai.
- Aprobación do programa de actividades e presuposto para o ano 2022.
- Elección dun delegado da DAGA de O Barbanza, así como das persoas asociadas que colaboren con el nas tarefas de tesourería e secretariado.
- Rogos e preguntas.
A Pobra do Caramiñal, a 16 de marzo de 2022.
Fdo.: Fernando Cores Iglesias