Concurso para coles!
Celebra con nós o Día Mundial das Abellas o 20 de maio.
Participa enviando un vídeo ca canción “As abellas son colegas” de A Abella Loira e o Doutor Propoleo.
CONCURSO DIRIXIDO A ALUMNAS E ALUMNOS DOS CEIPS, CEPS E CPRS DE TODA GALICIA
- Cada centro participante realizará un video sobre a celebración do Día Mundial das Abellas o 20 de maio usando de fondo a canción proposta “As Abellas son Colegas”
- Permitirase un vídeo por centro, recomendando facer un conxunto de todos os alumnos e alumnas.
- O vídeo non poderá ter unha duración máxima de 2:20 min e terá que gravarse en posición horizontal.
- Cada centro xestionará os permisos e autorizacións precisas para a gravación de menores.
- Todos os vídeos participantes publicaranse na nosa web.
- A data límite de envío dos vídeos será o 31 de maio.
- Faranse públicos os gañadores o 6 de xuño. O xurado estará formado pola directiva e traballadores da Asociación.
PARA PARTICIPAR INCRÍBETE COMO CENTRO NO SEGUINTE FORMULARIO E DESCARGA A CANCIÓN

“AS ABELLAS SON COLEGAS”
A ABELLA LOIRA E O DOUTOR PROPOLEO
PREMIOS
1º PREMIO
O vídeo usarase como vídeo oficial da canción, que se promocionará nas redes, web e en diferentes actos por toda Galicia neste 2022.
Visita da asociación e dos cantautores ao centro cunha xornada sobre a “Importancia das Abellas” e diferentes obradoiros.
Diploma e material divulgativo sobre a apicultura.
2º e 3º PREMIO
Visita da asociación e dos cantautores ao centro cunha xornada sobre a “Importancia das Abellas” e diferentes obradoiros.
Diploma e material divulgativo sobre a apicultura.
MATERIAL DIVULGATIVO

