Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

AS ABELLAS PASAN MÁIS FRÍO NAS COLMEAS ACTUAIS DO QUE NOS HABITÁCULOS NATURAIS

(04 / 12 / 2023)

AS ABELLAS PASAN MÁIS FRÍO NAS COLMEAS ACTUAIS DO QUE NOS HABITÁCULOS NATURAIS

Na 38ª Mostra Galega de Apicultura que tivo lugar no pasado mes de xuño deste ano 2023, na conferencia impartida por Étienne Bruneau sobre o cambio climático e a práctica da apicultura falábase da adecuación das colmeas á colonia de abellas que estaba albergando e da necesidade da súa protección da calor e do frío, tendo en conta o necesario e importante gasto de alimento que supón o cambio climático e as novas condicións de adaptación necesarias para unha apicultura distinta no futuro.

Recentemente, un investigador inglés da Universidade de Leeds, Derek Mitchell, asegura que as abellas sofren máis frío do que deberían porque as colmeas que utilizamos os/as apicultores/as non están adecuadamente deseñadas (paredes finas de 2 cm e non illantes) porque nelas as abellas teñen que fuxir do frío polo estrés que lles causa a piña invernal debido ao escape de calor. Na natureza elas non precisan hibernar polas características e as temperaturas dos seus habitáculos.

Polo tanto, hai que repensar as colmeas para un mellor benestar das colonias de abellas no inverno e tamén no verán.

Máis información sobre este tema na ligazón (en lingua castelá): https://apiculturaymiel.com/noticias-apicultura/investigacion-dice-abejas-sufren-mas-frio-deberian/

e na ligazón en lingua inglesa do Journal of the Royal Society: https://royalsocietypublishing.org/doi/full/10.1098/rsif.2023.0488

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad