
DESCUBRE UNHA APICULTURA MILENARIA
Hoxe traémosvos unha gran nova! Presentámosvos a nosa nova web APITURISMOGALICIA. Este é un novo proxecto de AGA que trata de poñer en valor, provomer e protexer a nosa historia e o noso patrimonio apícola, único no mundo.
Coas oito rutas que estamos a crear poderedes desfrutar da apicultura de montaña e de monte, coñecer e visitar as alvarizas e as diferentes construcións apícolas espalladas por todo o noso territorio, do leste ao oete de Galicia. Experimentaredes e decubriredes de maneira diferente zonas tan atractivas coma O Courel, Os Ancares, A Ribeira Sacra e A Costa da Morte, entre outras moitas rutas e experiencias que estamos a planificar coidadosamente para vós.
Entra a https://apiturismogalicia.gal/gl/apiturismo/ , descubre este proxecto e dános a túa opinión!
