Análise laboratorio 2025

Análise laboratorio

Anunciámosvos a tod@s @s soci@s que xa están aquí as fichas de inscrición para as análises de laboratorio, podedes consultalas neste artigo. Podedes descargalas directamente na web de AGA, nesta mesma páxina. Ademais, chegaravos en formato físico como tódolos anos unha carta coas fichas de inscrición, tanto para o concurso coma para as análises do laboratorio.

Os nosos meles presentan características propias que os fan únicos, froito da nosa rica e abondosa flora e das características dos nosos solos, así como das paisaxes vexetais das que proceden. A diferenciación entre os diferentes tipos de meles é o que en certo modo os valorizará, e esa diferenciación pasa por establecer valores máis esixentes, que farán do noso produto algo único no mercado.

Para podermos determinar estes valores, os laboratorios de análises do mel nun laboratorio oficial  (LASAPAGA) perfílanse como unha ferramenta imprescindible, xa que van poder caracterizar de modo obxectivo os nosos meles. O servizo dun laboratorio ofrece garantías e confianza ao consumidor e ao produtor, que poderá esixir e xustificar un prezo diferente do seu produto. En definitiva, trátase de utilizar o laboratorio como ferramenta na clasificación, diferenciación, valorización e garantía de confianza no consumidor e no produtor dos nosos meles.

A partires do 8 de setembro ábrese o prazo de presentación mostras no Laboratorio do Mel de AGA, que se remitirá á: Asociación Galega de Apicultura-AGA – Rúa Basilio Carril s/n · 15810, Arzúa (A Coruña)

A mostra para enviar ao laboratorio recollerase da castra de mel deste ano 2025; en relación coa cantidade total da produción e do que se queira analizar poderá ser recollida dun bidón, do mel obtido nun apiario determinado etc. Este mel debe ser homoxeneizado, de modo que a mostra sexa o máis representativa posible da nosa produción.
A mostra enviarase por correo a AGA, nun envase de vidro de 250 gramos mínimo por mostra, identificada co número de lote, xunto coa ficha de solicitude que se axunta.

No laboratorio identificarémola e procederemos á determinación dos seguintes parámetros solicitados:

  • HMF
  • Humidade
  • Actividade diastásica (enzimas)
  • Condutividade
  • Polínica sinxela (pole maioritario)
  • Análise organoléptico (olor, sabor, cor e viscosidade)

INFORMACIÓN SOBRE O LABORATORIO
Prazo entrega das mostras: a partires do 8 de setembro.
Formato mostra: 1 envase de mel de 250 g (tipo analíticas de farmacia), cada mostra identificada co número de lote
Envío: Enviar as mostras xunto coa solicitude e, se é o caso, o xustificante de pagamento a: AGA, Rúa Basilio Carril S/N – 15810 Arzúa
Recepción de resultados: Enviarase un informe por mail ou en papel se non se dispón de correo electrónico
Prezos soci@s: HMF: 8€ / Humidade: 8€ / Actividade diastásica: 8€ / Condutividade: 8€ / Polínica sinxela: 16€ /Análise organoléptico: 15€
Prezos non soci@s: HMF:10€ / Humidade: 10€ / Actividade diastásica: 10€ / Condutividade: 10€ / Polínica sinxela: 21€ / Análise organoléptico: 20€
Pagamento: Transferencia bancaria no nº de conta AGA: ES02 2080 0348 3830 0001 8210 (ABANCA) / Efectivo na sede de AGA /Online na nosa web.

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad