Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

ALEGACIÓNS AO ANTEPROXECTO DE LEI DE LOITA INTEGRAL CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA DA XUNTA DE GALICIA

(09 / 05 / 2023)

Prazo: ata o 2 de xuño de 2023

A Consellería do Medio Rural está a elaborar o Anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia, atopándose nestes intres na fase de escoitar as suxestións que a cidadanía ou as entidades afectadas polo marco normativo da loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia teñan a ben presentar.

A respecto do eido apícola, ten consecuencias sobre o uso do lume nos montes e nos terreos agroforestais nos períodos de perigo alto de incendios, que vén sendo un dos de máis actividade e intervención nos apiarios.

Este anteproxecto de lei ten este enlace: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0674/anteproxecto-lei-loita-integral-contra-incendios-forestais-galicia , onde se pode ver o contido do seu articulado.

En concreto, véxase sobre todo os artigos 71, «Maquinaria e traballos apícolas», 72 e 98.n), «Infraccións», e 101, as sancións (de 100 a 1.000 €, segundo a Lei estatal 43/2003, de montes —art. 74—), sen esquecer o espírito de todo o texto legal.

Sabemos da problemática que se lles ten presentado a moitos abelleiros e abelleiras durante o verán por parte das autoridades polo uso do afumador nos seus apiarios e os problemas legais que pode carrexar.

Polo tanto, invitamos os nosos socios e socias con experiencia na materia para que nos fagan chegar as súas ideas e suxestións a respecto do uso do afumador na época de períodos de alto perigo de incendios dentro deste texto lexislativo; en concreto, neste ano 2023 xa vén sendo desde o mes de abril en diante, desde o que xa se prohibiron as queimas.

Como usuarios do lume no noso afumador, e ás veces a prudencia non abonda e a prevención tampouco sobra, debemos facer que contemplen o uso obrigatorio del no manexo das colmeas pola nosa parte, e non cargarmos cun equipo de extinción pesado cada vez que vaiamos afumar as colmeas.

Agardamos as vosas ideas, que nos podedes facer chegar a AGA, correo  info@apiculturagalega.gal , antes do día 2 de xuño, pois entre todos podemos enmarcar dun xeito adecuado a problemática do uso do lume nos apiarios ou alvarizas.

Un saúdo.

Xunta Directiva de AGA

Acceder

Registro

Restablecer la contraseña

Por favor, introduce tu nombre de usuario o dirección de correo electrónico y recibirás por correo electrónico un enlace para crear una nueva contraseña.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad