AGA no Parlamento

Hoxe, venres 25 de setembro, unha delegación de AGA, xunto con outr@s representantes das asociacións e sindicatos máis representativos do País, achegáronse ao Parlamento galego da man do BNG para poder escoitala resposta da Xunta ao escrito que o pasado 17 de setembro lles presentamos na Xunta de Galiza, no que se fixo referenza ás principais doenzas da apicultura galega.

Nesta comparecencia non se deu resposta clara e convincente aos problemas plantexados, nin con respecto á proliferación da velutina nin con respecto ás suxerencias na xestión do Plan Apícola.

Por todo isto, dende AGA e as outras asociacións e sindicatos, continuaremos a exixir tódalas reunións que sexan precisas para que estes desafíos teñan a visibilidade que precisan, e que a administración, coa participación activa do sector, poidan abordalos axeitadamente.

 

Queremos agradecer a Ariadna, Montse, Sonia e Secundino, representantes do BNG, por habernos dado un espazo para poder asistir e escoitar, dende as súas oficinas, a discusión no pleno do Parlamento.

Loading...
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad