Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

AGA, defendendo os intereses das/os apicultoras/es galegas/os fronte a Mercosur

 

AGA, defendendo os intereses das/os apicultoras/es galegas/os fronte a Mercosur

Dende AGA, cremos que todo tratado inxusto debe emendarse, que un sector que está a sufrir mil ataques, mil baixas, non pode competir con meles de sitios sen controis sanitarios, de tóxicos, de calidade. Que non se pode competir en pé de igualdade con zonas onde non existe a velutina, que esmaga os nosos soños de medrar e nos asfixia e mingua ano a ano. O sector apícola galego está a esmorecer, padecendo mortalidades sen precedentes, non podemos aturar nin un golpe máis! Por iso dicimos NON ao tratado de Mercosur, por iso defendemos a calidade, as propiedades e o bo facer da apicultura galega fronte un mundo que vende xaropes por mel nas liñas comerciais, que mestura mil meles de distintas orixes sen os controis sanitarios que temos aquí.. por iso, nin queremos nin podemos permitirnos competir como se fose o mesmo produto, por que NON o é.

Fronte a todo ese egoísmo, seguiremos sendo a primeira liña de defensa na loita polos ecosistemas galegos, e non daremos nin un paso atrás na defensa do produto do que tanto orgullo sentimos fronte aos desmans e depredacións do capitalismo salvaxe actual.

Hoxe AGA adheriuse a un manifesto conxunto con outras organizacións apícolas e gandeiras, que comparten a loita en contra deste tratado, e agardamos que no futuro, outras organizacións e cooperativas se sumen a este grito desesperado pola supervivencia do nosos sector e do noso medio ambiente.

 

 

 

 

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad