Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

A TOLEIRADA DA REAUTORIZACIÓN DO GLIFOSATO POR PARTE DA COMISIÓN EUROPEA

(20 / 11 / 2023)

 

A TOLEIRADA DA REAUTORIZACIÓN DO GLIFOSATO POR PARTE DA COMISIÓN EUROPEA

Como os Vinte e Sete da UE non acadaron un compromiso conxunto, o Executivo europeo tirou polo máis fácil respecto do controvertido uso do glifosato na agricultura intensiva: a responsabilidade das restricións do(s) seu(s) uso(s) recae nos Estados membros, para que teñan a xustificación da fumigación ao gusto de todos. O que é un fracaso da unión de todos os Estados membros e da súa política agraria común.

A Comisión Europea, without sufficient safeguards (sen garantías abondas), decidiu o xoves 16 de novembro prolongar por dez anos, deica o 15 de decembro de 2033, o uso do glifosato, unha substancia activa do polémico herbicida Roundup. A abstención de Alemaña, Francia, Italia e Bélxica sumou para que o bando da prohibición non acadase a maioría cualificada necesaria de quince países (55 %) ou que se alcanzase a representar polo menos o 65 % da poboación europea. No que nos afecta, España (+ Portugal) e os países escandinavos e da Europa oriental votaron a favor da proposta de prórroga da Comisión, que suman un total de dezasete países. Moita hipocrisía política, comercial, lobbista e privativa, señora Ursula von der Leyen! Compromiso vacuo, señora ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que son áreas gobernamentais contraditorias e non-compatibles neste caso! Acción ultra conservadora, señor Luis Planas!

  • Detail of the votes :

   Yes: Cyprus, Czech Republic, Denmark, Spain, Estonia, Finland, Greece, Hungary, Ireland, Lithuania, Latvia, Poland, Portugal, Romania, Slovakia, Slovenia, Sweden.

   No: Austria, Croatia, Luxemburg.

   Abstain: Belgium, Bulgaria, France, Italia, Malta, Netherland, Germany.

No ano 2017, os europeos soamente acordaran concederlle cinco anos suplementarios de uso ao dito herbicida. Agora, duplican a validez da súa reautorización, como resultado dun procedemento legal nunha «decisión ilegal», mais prexudicial para a saúde humana (clasificado pola Organización Mundial da Saúde como «probable canceríxeno» —2015—) e as abellas. Diante da dúbida, sulfatamos e prexudicamos a saúde da xente do campo e afectamos os insectos polinizadores europeos.

Algúns ministerios brandos europeos de nomenclatura ecolóxica afirman agora que van prohibir a utilización deste pesticida nos usos non-agrícolas e que van traballar coa xente profesional do agro para limitar, enténdase tamén prohibir, cando haxa alternativas á utilización deste produto, ladies and gentlemen, e recoñecendo que este pesticida é «mauvais pour la santé», é dicir, malo para a saúde. Xustificacións de menciñeiros curandeiros albeites…e outras pestes noxentas.

Pola súa banda, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) «non ten en conta todos os estudos científicos». Unha inclinación dunha organismo de alerta, vixilancia e control para que papemos máis pesticidas.

Polo tanto, o uso do glifosato queda suxeito a determinadas condicións e restricións novas. Entre as restricións inclúese a prohibición do seu uso como secante antes da colleita e a necesidade de adoptar determinadas medidas para protexer os organismos non diana. Así e todo, algo lles debe proer detrás das orellas aos nosos ministros de Agricultura europeos, non si, señor ministro repetidor?

Recordando, o glifosato é un herbicida non-selectivo da agroindustria que serve para, entre outros usos, eliminar as malas herbas antes de sementar, ou para limpar os terreos de mato, ou despois da colleita para limpar o solo sen necesidade de labrar, ou para desherbar os ribazos-noiros-támaras (para esborrallalos) ou as beiras das estradas (pola acción das administracións). No curto prazo, permítelles aos agricultores gañaren en eficacia na súa explotación. Para outros, o glisofato representa a destrución da natureza viva, polo que non é unha solución, dado que seguimos a autodestruírnos.

A este respecto, cabe lembrar que nesa mesma semana pasada, en Jefferson City (Missouri, EE.UU.), Monsanto, propiedade de Bayer, foi condenada a pagarlles 1.500 millóns de dólares a tres norteamericanos que tiveron un cáncer como consecuencia do uso do herbicida Roundup nos seus xardíns. Bayer gañou recentemente numerosos procesos relacionados co Roundup, mais, ao mesmo tempo, tamén hai un determinado número de casos onde o xurado estableceu unha relación entre o herbicida e a presenza dun cancro. Haberá que seguir a sentenza definitiva dese proceso.

Os que din que non poden zafarse do uso do glifosato testemuñan que intentaron todo todo de todo, agás a agronomía, que é un xeito de cultivar as terras e alimentar os seres humanos repectando o ambiente. É una alternativa, un modelo agrícola para defender e practicar. E, á fin de contas, custa menos que comprar equipos (e menciñas) para loitar contra o glifosato.

Nesta autorización, estamos a asistir a toda unha involución ambiental. Unha vitoria para algúns con base nun modelo agrícola que xa non funciona, e unha inxustiza para outros, dado que o non-uso do glifosato é o único futuro perdurable no ámbito da produción, o medio ambiente e a nosa saúde.

 

[Nova redactada a través das informacións de BeeLife, Le Monde, Figaro, France 3 Occitanie e RTBF.be]

 

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad