Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

A loita por un etiquetaxe claro do mel

(19 / 12 / 2023)

Como sabedes sobradamente as/os apicultoras/es, o etiquetaxe do mel ven dándonos máis de un crebadeiro de cabeza ao longo dos anos. As importacións de meles de terceiros países e de fora da UE son unha constante, facendo mil e un texemanexes para converter o que non é en algo que pareza que é.

Sabémolo, levamos anos denunciándoo e xamáis se reparou nesta necesidade até agora.

 

 

Proba de que isto non ven dagora é o traballo de anos das asociacións apícolas e plataformas coma a que enlazamos aquí https://www.facebook.com/EtiquetadoClaro/

Seguro que compartimos durante anos a indignación por este feito insólito e insultante para as producións propias, dunha calidade infinitamente maior, pero que se vían obrigadas a competir directamente con estas mesturas de acó e acolá. Pois parece que finalmente, os gobernantes dos países da UE empezan a caer da burra, e mostra disto e a risco de correr moi rápido celebralo, parece que por fin teremos un etiquetaxe claro con respecto ao orixe dos meles. Esperemos que cumpran.

Para acceder aos dous artigos que amosamos a continuación preme na imaxe e poderás acceder directamente aos mesmos:

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad