A loita contra o ácaro varroa destructor, unha ameaza para as nosas abellas. AGA e Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A tarde do 07/03/26 no vello cárcere (Lugo) teremos unhas charlas moi interesantes sobre a ameaza que supón a varroa para nós e como enfrontarnos a ela.

Das 16:00 ás 18:00h Gonzalo Calvo, veterinario de AGA, falaranos de “Como seleccionar abellas resistentes á varroa”

Das 18:00 ás 20:00h Filipa Pucariço, de HiFarmaX, falaranos da “Importancia dos ácidos orgánicos e as substancias naturais no control da varroa”

A entrada é aberta e de balde ata completar aforo, polo que se queredes asegurarvos un espazo chamade antes ao 981 630694 para inscribirvos coma asistentes.

 

Como resultado destas xornadas, tivemos a ocasión de aprender xuntas/os novos xeitos de enfrontar o reto que supón o ácaro varroa destructor para as nosas abellas. Queremos agradecer a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Rural e á área de participación cidadá do concello a súa axuda e colaboración

 

Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad