Grazas coma sempre ás persoas apicultoras galegas por vir disfrutar connosco desta 41ª Mostra galega de apicultura e a tódolas persoas que nos botan unha man nesta feira, dende os que traedes postos de apicultura ata as que traen produtos locais dunha moi boa calidade ata aquelas artesás dos alimentos e dos elementos, coma o noso ben querido torneiro J.M. Prado. que sempre nos botou a súa hábil man para axudarmonos a facer fermosas estas xornadas, desexámosche fermosa xubilación compañeiro!
Este evento non tería sentido sen as persoas que o habitan, dende o veciño que se acerca mercar mel, queixo, galletas… até o apicultor que ven por raíñas, colmeas, extractores… Dende os poñentes coma Ariadna, Ana, Ester, Rafa, Javier… ata os nosos socios e socias que disfrutan sempre das súas ideas e proxectos.
Sen máis, grazas por vir e esperamos vervos en moitas mostras máis!!
