Telf.: 981 630 694 / 676 000 893 info@apiculturagalega.gal

FORO DE APITURISMO · FORO DE APICULTURA 3 e 4 de xullo, en Arzúa

En Galicia, arredor do mundo das abellas, desenvolveuse unha actividade milenaria, da que dan boa conta unha morea de construcións, denominadas alvarizas, alvares, oseiras, abelleiras ou cortíns, que xa forman parte da contorna paisaxística e do acervo cultural do noso pobo.

Para isto, a Asociación Galega de Apicultura-AGA conta cun Programa de Apiturismo en toda Galicia, que permite realizar as visitas a estas paraxes de interese apícola, xa sexa de xeito individual ou en grupo, logo dunha solicitude na nosa oficina central de apiturismo en Arzúa.

Este programa de turismo de natureza e cultural ofrece visitas á «apicultura de montaña» dos Ancares e O Courel, á «apicultura heroica» da Ribeira Sacra, á «apicultura de muros e lacenas» da Costa da Morte e á «apicultura con teitos de palla» da Serra do Xurés, entre outros, así como aos sonados lagares, ás pías e ás eiras da cera das provincias de Pontevedra e Ourense.

O FORO DE APITURISMO presentará palestras sobre distintas rutas das abellas que pretendemos promocionar dentro do programa de “O TEU XACOBEO” da Xunta de Galicia 2020-2021.

En paralelo, desenvolveranse actividades propias da 36ª Mostra Galega de Apicultura, dentro da cal se celebrará o FORO DE APICULTURA 2021 por medio do Plan de Formación ao Agro Galego 2021, no marco da medida “Accións de Transferencia de Coñecementos e Información” do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e da AGACAL. Terá lugar ao aire libre en dez carpas instaladas tanto no Parque dos Polinizadores coma na carballeira lindante.

Haberá palestras, obradoiros, presentación de innovacións, visitas ao Enredo do Abelleiro, feira de material apícola e actividades lúdico-musicais, e tampouco faltará o polbo para o xantar de irmandade; todo organizado tendo en conta as excepcionais circunstancias que nos impón a  covid 19.

Acceder

Registro

Restablecer la contraseña

Por favor, introduce tu nombre de usuario o dirección de correo electrónico y recibirás por correo electrónico un enlace para crear una nueva contraseña.

Share This
Esta web utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Ao facer clic no botón \"Aceptar\", estás dacordo coas tecnoloxías utilizadas e o procesamento dos teus datos.    Mais información
Privacidad