Data:
2 de xuño de 2018
Lugar:
Arzúa
O vindeiro 2 de xuño terá lugar en Arzúa a 33ª edición da Mostra Galega de Apicultura. Convidamos a todos os apicultores e apicultoras a participar nesta xornada adicada ós produtos da colmea e ó seu gran potencial no mercado. Tamén celebraremos a recente prohibición dos pesticidas na Unión Europea, unha doce victoria para as abellas e para as asociacións que estivemos loitando para conseguilo durante moitos anos. E por último, falaremos sobre a varroa e a Vespa velutina, para coñecer as últimas novidades sobre estas dúas ameazas ás que se enfrontan as abellas.
Durante todo o día haberá unha exposición de trampas e outros mecanismos de loita contra o tártago asiático e feira de material apícola. Ademais haberá xantar abelleiro para tódolos asistentes e un espazo infantil con xogos e actividades para que os máis pequenos disfruten e aprendan tamén sobre este interesante mundo das abellas.
PROGRAMA:
Na Pulpeira de Santa María (detrás da nave de Erica Mel):
APICULTURA COMERCIAL
De 10 a 10.30 h. Os produtos da colmea e a súa comercialización. Por Laura García, técnica de AGA.
De 10.30 a 11.15 h. Meles monoflorais de Tenerife e presentación do Congreso Nacional Apícola de Tenerife. Por Antonio Bentabol, director da Casa de la Miel de Tenerife
De 11.15 a 11.45 h. Produción e comercialización de pole. Por Macmel (Portugal)
De 11.45 a 12.15 h. Debate e preguntas.
PROHIBICIÓN DOS PESTICIDAS
Acto para celebrar a recente prohibición na Unión Europea dos tres principais pesticidas perigosos para as abellas. Durante o acto farase a presentación do "Himno Abelleiro", unha versión do "Himno do apicultor" de Eslovenia, en homenaxe ó país que impulsou a celebración do Día Mundial da Abella e que será interpretado pola cantante Paulina Ceremuzynska e o guitarrista Javier García.
ÁS 13 H. ASEMBLEA XERAL DE ERICA MEL S.C.G.
ÁS 14 H. XANTAR NA PULPEIRA DE SANTA MARÍA A pulpeira abrirá como un día de feira e ofrecerá o seu menú habitual: pulpo á feira, carne ó caldeiro, etc. Non é necesario reservar previamente. Para máis información: Tel. 986 58 77 21
SANIDADE APÍCOLA
De 16 h. a 17 h. Tratamentos contra a varroa. Por Gonzalo Calvo e Joaquín Lozano, veterinarios de AGA
De 17 h. a 18 h. Presentación de novidades na loita contra a Vespa velutina. Por Eugenio Pichel, de SANVE Sistemas Antivelutina, José Antonio Pose do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela e AGA.
FEIRA, EXPOSICIÓNS E ESPAZO INFANTIL
Durante todo o día:
Na nave de Erica Mel: Feira de material apícola
No Centro do Queixo e do Mel:
Exposición "Loita Velutina" (trampas eléctricas e outros sistemas). Eugenio Pichel, Fernando Cores, Vel-Zapper, Pablo Freire e Benigno Mouriz.
Exposición fotográfica "Apicultura de montaña"
ESPAZO INFANTIL
Xogos e obradoiros para nenos e nenas. De 11 a 13 h. Nos arredores do Centro do Queixo e do Mel.
RECOLLIDA TRATAMENTOS VARROA
No Centro do Queixo e do Mel, de 10 a 14 h. Recollida dos tratamentos contra a varroa solicitados polos socios e socias. Para recollelo este día é necesario indicalo na ficha de pedido.