
Envío de comunicacións e inscricións ata o 19 de outubro
Os días 2, 3 e 4 de decembro celebrarase o 10º Congreso Nacional de Apicultura, neste ano e por primeira vez de maneira virtual. Contará cun amprio programa onde tratará diferentes áreas de interese coma: Sanidade Apícola, Calidade e Tecnoloxía dos produtos apícolas, Polinización e Flora Apícola e Manexo, historia, economía, turismo da Apicultura. Neste último apartado estaremos dende AGA presentando o noso proxecto de Apiturismo.
